Unha decisión valente

AVELINO RODRÍGUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

05 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

NOS últimos días a Xunta de Galicia tomou unha importante decisión sobre o cambio do uso de solo dun terreo de máis de 30 hectáreas no Concello de Outeiro de Rei. Neste caso temos que felicitar á Xunta de Galicia polo cambio de actitude, pero en especial temos que estar agradecidos aos veciños e ecoloxistas que se opuxeron coas súas alegacións e protestas á intención de destruír un entorno envexable ás beiras do río Miño. Esperemos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non faga caso das reclamacións da empresa. No caso da empresa, e como no caso de outras moitas, só lle importa o diñeiro a conta do sufrimento da xente e do medio natural, e para conseguilo minte con toda impunidade e máis se cren posuidores da verdade, cando moitas das súas declaracións na prensa demostran o contrario. Tamén é vergonzoso o nulo respecto polo medio natural, e non é de estrañar poruqe só lle importa o lucro persoal a costa do que sexa, sin mirar atrais. Afírmase nunha nota que as fotos foron tomadas a cinco quilómetros do lugar, cando na realidade foron feitas alí mesmo. Nestes casos, onde existan dúbidas ou irregularidades sobre o cambio do uso do chan, o fiscal de Medio Ambiente de Galicia debería mirar con lupa posibles casos de corrupción, para evitar que se siga branqueando diñeiro coa construcción de chalés para os ricos. E tamén debería perseguir con máis axilidade aos piratas urbanísticos. Espero que a Xunta de Galicia siga actuando desta maneira en outros moitos casos de especulación urbanística, para desta maneira poder seguir conservando a nosa paisaxe e identidade natural de Galicia. . Lugo.