«Un dos obxectivos é conseguir que o Cabe estea máis limpo»

m. c. | monforte

LUGO

Entrevista | F. Xabier Almuíña PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN BARCAS DO MIÑO

28 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Francisco Xabier Almuíña preside unha asociación chantadina dedicada ao patrocinio de embarcacións e material fluvial. Foi proposta recentemente para un dos premios da Xunta ás iniciativas rurais. -¿Qué obxetivo persegue a asociación e a festa? -Pretendemos patrocinar e fomentar o noso patrimonio fluvial, un dos máis ricos de España. Chamáronme moito a atención unha fotos de Monforte nos anos corenta, onde as embarcacións servían de graderío para seguir os partidos de waterpolo que se celebraban no Cabe. Por iso, outro dos obxectivos desta festa é conseguir que o río estea máis limpo e volva ser o referente que era antes. -¿Recibides algún tipo de subvención? -Co Concello firmamos un convenio para financiar os paseos en barca, os obradoiros e a festa do río. Outro convenio co Xacobeo costea o Festivalario e o demáis con máis axudas que subvencións. Cando algún concello nos prestan o seu apoio, alá imos. -¿Cales son os proxectos da asociación? -Estase preparando unha exposición itinerante de embarcacións e material de pesca. Tamén estamos estudiando a posibilidade de crear un centro que acolla unha escola de pesca, de navegación... Outro proxecto é a catalogación de máis barcas e ferramentas de pesca, patrimonio moi fráxil que pode desaparecer con facilidade.