Un sabio caladiño

La Voz

LUGO

PERFIL | O |

23 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Nicandro Ares Vázquez nace en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) no 1926 e ordénase sacerdote en 1951. É Bacharel en Sagrada Teoloxía e Licenciado en Filosofía. Experto en línguas clásicas. En 1952 é nomeado Ecónomo da parroquia de S. Cristovo de Cervela. En 1955 comeza a súa laboura como profesor do Seminario Diocesano, tarefa á que adica toda a súa vida, compaxinandoa coa investigación. En 1967 é nomeado representante do Seminario na Xunta do Museo Provincial e vocal da Comisión de Arte Sacro da Diocese de Lugo. En 1981 acepta ser Delegado Episcopal de Misións e entra tamén na Comisión Diocesana de Patrimonio Artístico. A súa faceta de investigador está reflectida no milleiro de artigos publicados.