01 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
? Club Cultural Valle-Inclán e a Consellería de Cultura promoven para hoxe, ás oito do serán na Biblioteca Provincial, o pase do documental Aillados. Memoria dos presos de San Simón , filme que recolle a historia do campo de concentración da illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil e contada polos seus propios protagonistas. A película será presentada pola escritora e profesora da USC Carmen Blanco e o propio director da película, Antonio Caeiro. Aillados é unha produción do ano 2001 e ten unha duracción de 59 minutos. O equipo de investigación desta obra estivo formado polo propio Caeiro, Juan Antonio González e Calara María de Saa.