Moita valla

LUGO

DESDE EL ADARVE | O |

27 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

OS CONDUTORES que soemos empregar as vías máis próximas ao río Miño -como avenida das Américas, Fontes dos Ranchos, Ronda do Carme ou Estrada de Santiago- temos todos os días que facer malabarismos ante as obras que se están a facer. Non caerei no discurso vitimista de que hai moitas zanxas, pero non creo que fose tan difícil comezar unha ata que non se tiveran rematado outra.