ATALAIA | O |
18 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.LUGO ten en Barcelona unha gran comunidade, posiblemente a máis numerosa de Galicia. Tanto os residentes na cidade Condal como os seus familiares pagaron dende sempre as consecuencias dunhas malas comunicacións. En tren tárdanse máis de quince horas e unhas 12 en autobús. En avión o traxecto leva menos de hora e media. O inicio do establecemento dun servizo aéreo entre El Prat y Lavacolla por parte da compañía aérea catalana Vueling é toda unha boa nova para un bon número de lugueses con vinculacións con Cataluña. Toda a vida Iberia, a única que operou na ruta hasta fai só un ano en que tamén o fai Spanair, impuxo a súa dictadura con tarifas abusivas e escandalosas. Namentras noutras rutas ofrecía prezos de oferta, nesta era todo o contrario. Todo porque non había máis remedio que pasar por as súas mans. Por eso, sexa ben vida a competencia. Que dure e aumente, a poder ser.