Xuntos

LUGO

DESDE O ADARVE | O |

14 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

OS EMPRESARIOS lucenses agora volven a estar xuntos. Logo de desencontros, ameazas que se chegaron a cumprir e rivalidades e cuestións persoais polo medio, deciden que é mellor ir da man. ¿Ata cando? As eleccións á Cámara de Comercio responderán a esta pregunta ou quizais os movementos electorais que haberá na provincia de cara aos comicios municipais. Mentres, a cidade e a provincia saen adiante grazas a iniciativas privadas e públicas e ao esforzo dos cidadáns, que con pouco ruído conseguen riqueza nunha provincia falta de talentos empresariais. Hai exemplos de empresarios que quizais non teñen moito nome pero que a diario se xogan os cartos e xeran riqueza. O mesmo pasa con algún cargo político, que sae en poucas fotos, pero consegue moitos feitos.