Outravolta ó cronista oficial

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

BÚCARO DE VIOLETAS | O |

26 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

DEBÁTESE de novo sobre a necesidade do cronista oficial de Lugo. Coido que o BNG apoia con firmeza a Adolfo de Abel Vilela, digno persoeiro para cronista, especialmente iste último dos períodos medievais e modernos, o proto-contemporáneo. Pero coido que quen mellor oficiará de cronista, con maior rigor metodolóxico (cousa que se fai necesaria e mesmo imprescindíbel) é Felipe Arias Vila, especialista na cultura castrexa e na romanización, onde por certo hai mais erros de prospectiva e analítica e maís material para pescudar. O terceriro en lide é Xulio Xiz Ramil, pero ista persoa carece do notábel rigor metodolóxico e da formación dos outros dous. Coido a Arias Vila o máis destacado pra cubrir isa praza. O seu rigor metodolóxico nunha materia de inxentes materiais en Galiza fano idóneo. Mantén unha seriedede pouco común nos estudosos, unha formación equilibrada e metódica nuns períodos que deberan sere esclarecidos e que se nos presentan tebreguentos e mesmo misteriosos. Coido que Abel Vilela debe seguir cacheando os arquivos porque tamén a era contemporánea agocha os seus non esclarecidos «misterios», pro ise é por negación ou falta de ilustración en todo galego que se preze. Aposto por Arias Vila: o rigor metodolóxico nos alicerces de Galiza.