DESDE EL ADARVE
27 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Trunfou no escenario onde de mozo disfrutou coas sesións da Semana de Cine, onde soñou con chegar a ser o que é hoxe en día, un gran actor. Arrincou os aplausos dos seus paisanos grazas á peza que trouxeron Caixanova e Concello, El zoo de cristal . Foi o mellor dunha posta en escena errada, descompensada nos tempos e no ton, ademais de reiterativa nalgúns personaxes, como o da nai. Aos cinco minutos de comezar unha peza de dúas horas xa gastou a actriz toda a pólvora que requería o personaxe, co que dificilmente se pode esperar dela cambios psicolóxicos. Os personaxes amósanse ante o espectador como dunha peza, sen chegar a entender moitas veces os seus dramas. Williams foi o mestre dos personaxes, sobre todo femininos, vítimas dun pasado e cun futuro sen opcións. El zoo de cristal que se viu en Lugo non tiña nada desto, pero Tosar salvou o asunto.