DESDE EL ADARVE
19 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NON É fácil entender que mentres uns piden máis fondos, máis diñeiro e máis recursos para investigar, o colectivo de estudantes universitarios lucenses non sexa capaz de cubrir todas as prazas para cursar un Erasmus nalgún país da Unión Europea. Para este curso ofrécense 137, mentres que no presente a penas 70 alumnos lucenses se beneficiaron das bolsas europeas Erasmus e as españolas Séneca. É fácil comprobar como cada ano abundan máis os anuncios para alugar pisos para universitarios. Proliferan preferentemente nas zonas próximas ao Campus. Sumado a isto non debemos esquecer que o Sergas é incapaz de encontrar pediatras, oftalmólogos, dermatólogos e outros especialistas que queiran cubrir vacantes nos hospitais comarcais galegos. Visto o visto, unha empeza a cuestionarse cal é o verdadeiro papel que xoga a universidade na sociedade actual.