EN FEMININO | O |
15 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.PENSAMOS e soñamos na lingua que falamos, no idioma materno no que fomos ensinados. Sendo válida en calquera contexto situacional algúns aínda renegan da lingua do berce, da tradición e da beleza dun idioma que acolle, que protexe e mima co seu acento característico e que a partir deste momento vai ter un papel maior nos centros de ensino de Galicia. A proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é que, cando menos, no próximo curso o 50% do total das clases sexan impartidas en galego, tal como recolle o Plan Xeral de Normalización da Lingua, aprobado polo Parlamento no ano 2004. En infantil e no primeiro ciclo de primaria será, pois, a lingua galega a predominante na aula, mentres que no segundo e terceiro ciclo de primaria Coñecemento do medio e outra materia máis serán de obrigada impartición en galego, no caso de secundaria Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Filosofía e varias optativas. A intención da Xunta de Galicia é aprobar o decreto de aplicación para a entrada en vigor do plan antes do curso 2006-2007, facéndose efectivo a partir de setembro do año que vén. Será unha medida que mire polo futuro da lingua e que salvagarde para o futuro o idioma de Galicia.