LICOR DE HERBAS | O |
12 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O GUITARRISTA, coido que o baixo, dos Radio Futura (ise grupello con degoiros intelectualoides) resulta talmente o Axolotl de Cortázar. Tribos urbanas, razas benditas. En Madrid, cousa que eu catei en propias carnes e ollos, hai unha certa desolación porque os restos das tribos urbanas non ligan, non se namoran. Supoño que non hai parné. Non hai moitas estradas, o que se di na Galicia. Sabe Deus o que pasa no Ourense profundo de concentracións parcelarias, incendios e pobreza. Igual que nas terras de Mens, na Costa da Morte. O cinema e os contemplativos de Thomas Merton andan como lles cadra. Iles axudaríannos a contemplare, dexergar, catar mellor a nosa realidade. Nunca o cemento da nosa peculiar modernidade. Non hai por que rexeitar, como diría Lois Diéguez, aos modelnos como modernos. Iles aspiran ao cambio real. No cemento está Camilo Gonsar, dilucidando estética e eticamente. Léano. Hai que ver se en Cortázar (que segundo Juan Benet non ama a literatura pero resulta autor ultramoderno) non está subsumido no proceso criativo a socioloxía de Claude Levy-Strauss, un estruturalista moi esquencido hoxe... E no conto Estrada do sur non se intercomunica coa Nouvele Vague cinematográfica. Luchino Visconti é moi estético. Luís Pimentel. Jean Cocteau. O maudit Erik Saie. Valle-Inclán escomeza os seus escritos de decadencia na época isabelina, por outra parte unha época de moita beleza. O comezo do esperpento. Seguiremos. redac.lugo@lavoz.es