DESDE EL ADARVE
19 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.NOS colexios non pasa tanto pero o primeiro día de presentación nos institutos parece un verdadeiro enterro para os pais dos rapaces de primeiro curso. Hai que ver as caras das nais ás portas dos centros, coa inquedanza de qué pasará co feixe de materias, cos novos compañeiros e veteranos do instituto, cos profesores e co estresante ritmo de cambio de clases nas distintas materias. Sumémoslle o dos libros, o do teléfono móbil, os curiosos horarios de actividades e o asunto do transporte, xa temos montado un bo lío de preocupacións, tráfico e xente. Logo hai situacións curiosas: mentres un alumno de Cervo ten transporte escolar e libros gratis nos primeiros cursos de ESO -pagados polo Concello-, un da capital, aínda que viva a máis de dous quilómetros do centro, non ten bus escolar nin axuda para textos. Por non ter, hai institutos sen parada axeitada para recoller ós pequenos. Todos os anos igual.