DESDE EL ADARVE
08 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.COMEZA HABER indicios de que nos vindeiros anos aumentará de maneira considerable a chegada de turistas a Galicia, e polo tanto a Lugo. O intenso calor que hai na Meseta, a saturación da costa mediterránea, a consolidación da A-6 como estrada máis rápida e cómoda en comparación a outras e o descubrimento das praias e do patrimonio cultural e natural galego están fomentando a idea de que Galicia é un lugar de interese altamente turístico. Este verán xa se nota un aumento claro de visitantes, a pesares de que Lugo segue sendo unha cidade de paso. Estes datos deberían telos en conta os responsables de turismo da provincia. Habería que prepararse ante a chegada máis que previsible de turistas nos vindeiros anos. Non se lles pode defraudar e ademais pode ser un motor económico para un Lugo tan necesario de estímulos. Está ben a promoción, pero sería bo crear infraestruturas.