DESDE EL ADARVE
05 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O ALCALDE de Begonte pide unha entrevista co novo presidente da Xunta para tratar asuntos urxentes. O do Incio di agora que a Xunta debe mellorar a estrada Sarria-Monforte pola sinistralidade do tráfico. O rexedor de Vilalba di, agora, que hai que rematar a autovía Ferrol-Vilalba. Os transportistas falan, agora, das eternas demandas que padece o sector galego. O colectivo ou asociación de non sei onde pide, agora, que non sei que. Detrás destes argumentos que saen nos últimos días pode haber tres interpretacións: que antes en Galicia non se movía ninguén da foto, que agora hai que chorar para que che fagan caso ou, máis difícil, que hai que comezar a oposición. Declaracións pedindo o que antes non se facía, ou non se podía, vólvense en contra dun. A madurez democrática que amosamos á hora de votar perdémola moitas veces nos periodos entre eleccións.