Carné para quince

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

04 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ACADAR QUE a muller se incorpore a todos os ámbitos da sociedade debe ser prioritario para as administracións. E nisto moitos concellos, se non todos, deberían ter intervido máis e mellor. En todo caso, deberán facelo. Incluso con iniciativas coma esta que vai levar adiante o Concello de Becerreá logo de aprobala a Consellería de Familia. Responsabilidade que a partires de agora será competencia directa do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Coa tal subvención, o Concello vai pagar o carné de conducir a quince mulleres. Máis a aplaudiremos se todas elas resultan ser máis ben vencelladas ao ámbito rural. E neste, persoas con dificultades reais para se desprazar ou desenvolver nun ámbito distinto. En definitiva, mulleres que grazas isto poidan aproveitarse do que supón conducir un vehículo sen depender de que ninguén as leve. Sexa así. Non vaia ser que ao final, trala selección, se aproveiten persoas que non precisarían dunha subvención coma esta. Confiemos en que tal se faga axeitadamente. E que sexa conforme a uns criterios realmente sociais. Non facelo sería estragar con ese obxectivo a prol da igualdade e a formación da muller. redac.lugo@lavoz.es