EN FEMININO | O |
16 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.GALICIA enteira celebra festexos, festas gastronómicas feiras, festivais de música folk e verbenas nas que a música dura ata o amencer. Todas as noites son de troula, de esmorga, como diría Blanco Amor. Os días quedan curtos aínda sendo máis longos que no inverno. As noites se convirten na súa prolongación cunha ruada continúa polos lugares de vacacións. Están de moda as chamadas festas históricas , como a que deu entrada ao verán en Lugo, o Arde Lucus. Xa no mes de xullo, o mercado medieval na Coruña e nun abrir e pechar de ollos en Pontevedra e Ribadavia, como xa marca a tradición. Os pequenos concellos da costa e do interior organizan xuntanzas de todo tipo: festas do percebe, da lagosta, do bonito (coñecido coma o príncipe azul), ¿ reclamos que cada fin de semana atraen aos turistas que por Galicia pasan na época estival. Lugo abre os festexos de verán coa bacanal romana, e tamén os pecha coas festas de outubro, as patronais. O San Froilán chegará despois dos calores de agosto poñendo o punto e final a todo un verán de bailes, sexa á beira do mar ou perdidos nas terras de montaña, a través dos campionatos deportivos nas praias, das sesións de cine ao aire libre.