Sinais de crise

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

27 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

OS DATOS económicos do país son positivos. O crecemento é constante e as cifras do paro baixan, quizais grazas ao proceso de regularización dos inmigrantes. Pero hai sinais que indican que estamos ante a chegada dunha crise importante e que terá consencuncias para todos os sectores e comunidades da península. Hai un índice que destaca por riba, a suba do petróleo e dos combustibles. A cadea continúa co incremento dos prezos, a posible perda de competitividade e finalmente o adeus a moitos postos de traballo. Tamén está sobre a cabeza dos galegos a ameaza da perda dos fondos estruturais, cando seguimos sendo un país deficitario en moitos servizos, con fortes dependencias das axudas e con carencias en infraestruturas viarias. Está presente o problema da deslocalización, coa posible perda de industrias ou da non chegada de empresas a Galicia. E xa para rematar, neste país hai un grave problema demográfico que sen dúbida repercutirá no sistema social e no interese dos inversores.