«Traballaremos por un plan de urbanismo»

Lucía R. Insua BARREIROS

LUGO

Entrevista | Alfonso Fuente

17 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Son momentos importantes para Alfonso Fuente Parga (Benquerencia, 1971). En breve, será pai por primeira vez e dende onte ocupa oficialmente a alcaldía de Barreiros, sustituindo ao falecido Luis Fraga. A elección tivo lugar nun pleno extraordinario co apio do PP. O BNG e o PSOE presentaron aos seus candidatos: Antonio Veiga e Benito Longarela. -¿Seguirá a liña do anterior alcalde? -Imos seguir a política que vén facendo o PP, pero a diferenza de idade con Luis Fraga e Manolo Díaz Sampedro fai que teña unha visión distinta, pero co mesmo obxectivo: facer todo o mellor que podamos pola xente e por Barreiros. -¿Que proxectos prevé desenvolver? -Imos rematar os que xa están iniciados, pero ademais vamos ter que quitar adiante outros necesarios. Para empezar, o PXOM. Tivemos unha reunión co director xeral de Urbanismo e quedamos en comezar a traballar tralas eleccións. Hai a necesidade urxente de facer fronte a unha planta depuradora. Barreiros ten unha casuística concreta porque no verán multiplicamos en moito a poboación, e hai que traballar moito para ofrecer os mesmos servizos para 20.000 habitantes que para 3.200.