DESDE EL ADARVE
10 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.HAI CATRO anos os responsables do Reitorado da USC estaban ilusionados coa aparición no solar do Vicerreitorado duns importantes vestixios de época romana. O que era un contratempo, a paralización das obras e a construción dun auditorio, era convertido por Villanueva e Maseda nun éxito dado o valor dos achádegos. Pero pasou o tempo, as visitas dos técnicos da Xunta, as promesas municipais de buscar unha solución, e ninguén parece agora lembrarse do citado solar, pasto agora de botellas de alcol, de plásticos e doutros lixos. Está tan triste a situación que polo momento ningún político de campaña electoral se atreveu a dicir nada sobre o futuro do solar. Mentres, os turistas presencian o lamentable espectáculo de conservación, os lucenses se preguntan que quedaron das promesas sobre o inmoble e a Universidade, o campus e a cidade non pode dispoñer dun espazo cultural tan interesante como un pequeno auditorio-centro cultural. ¿Será que os cartos se gastan noutras cousas?