Literatura a rodar

RUTH FERNÁNDEZ

LUGO

EN FEMININO | O |

28 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

LUGO vive tempos de homenaxes e lembranzas literarias. Despois do curso sobre o cabaleiro don Quijote e a Cervantes, e do recoñecemento dado a Lorenzo Varela no Día das Letras Galegas, tanto na capital, coa colocación dunha placa na casa de Recatelo onde viviu, coma na vila de Monterroso, os lugueses asistiron á inauguración do «Paseo Literario», onde, polo de agora, figuran cinco nomes da literatura. De Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Castelao, Valle- Inclán e Manuel María escolléronse versos significativos a carón do seu busto. Os dous primeiros, contan coa reproducción dun anaco de Negra Sombra e do Himno Galego , respectivamente. Prevese ademais que nestes días medre o número inicial de cinco monolitos para contar con outra serie de autores no paseo, ao longo da rúa de Bispo Aguirre, de maneira que o visitante poda camiñar a carón das imaxes e das letras difundidas por Manuel Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou polo poeta do Caurel, Uxío Novoneyra.