Un monumento maltratado

| XOSÉ CARREIRA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

27 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A MURALLA, aínda sendo o grande monumento da cidade e tendo a distinción de Patrimonio da Humanidade, non recibe todas as atencións que se merecería por parte das institucións. O caso das tapas do alumeado arrancadas demostra que a vixilancia nocturna ou non existe ou é mínima. Destrozar medio cento de luminarias no tramo que vai de Bispo Odoario á porta de Santiago non é unha operación que se resolva en dez minutos, nin moito menos. Creo que aínda non valoramos de xeito adecuado o monumento e a súa importancia. Centos de veces se ten dito que se o chegan a ter en Barcelona, por exemplo, cotizaría moi a alza, tanto é así que sería preciso pagar para subir e, posiblemente, quedaría pechado o acceso pola noite. Non apreciamos as cousas da casa e logo quedamos abraiados cando vamos a algún sitio e vemos catro pedras pero eso sí, pagando tres euros.