Obras á espera dunha homenaxe

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LUGO

CASANOVA

Reportaxe | O 17 de Maio no sur lucense O Día das Letras Galegas non foi dedicado ata agora a ningún escritor oriundo do sur da provincia, a pesar de que non faltan autores de importancia recoñecida

21 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?ingún escritor oriundo do sur lucense foi ata agora homeneaxado no Día das Letras Galegas. O caso máis próximo foi o de Ánxel Fole, protagonista das celebracións de 1997, que non era nativo da zona, pero que estivo moi vinculado coas terras de Quiroga e do Incio, onde pasou parte da súa vida e onde situou moitas das súas narracións. O esquecemento en que se encontran neste sentido os autores locais, non obstante, podería cambiar nos próximos anos. Algúns integrantes do goberno local de Monforte xa mencionaron a posibilidade de solicitar formalmente que se dedique o Día das Letras Galegas ao poeta monfortino Lois Pereiro. No 2006 cumpriranse dez anos desde o seu falecemento, que é o mínimo período de tempo que debe transcorrer -segundo a norma habitualmente seguida pola pola Real Academia Galega- despois da morte dun escritor para dedicarlle a festividade. Tal posibilidade xa foi mencionada tamén noutros ámbitos. O portal dixital Vieiros abriu nos pasados días unha enquisa, preguntando aos seus visitantes quén debe ser homenaxeado no próximo 17 de maio. Nesta votación, o nome do poeta monfortino figura nas primeiras posicións. As peticións que se dirixan á Academia Galega neste sentido contarán seguramente co apoio dun importante número de escritores, dado que Pereiro está considerado como un dos autores máis influíntes nas últimas xeracións da literatura galega. Segundo un comentario publicado no referido portal de Internet, «a súa escolla sería unha sorpresa para unha Academia na que todos os seus membros son máis vellos do que sería Pereiro (que faleceu con 37 anos de idade), pero tamén podería ser unha baza importante para a modernización da celebración».