Erótica do poder

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

06 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A QUEN se lle ocurreu a idea suou de facto. Vaia burrada e memez: a erótica do poder. Vaia estupidez. ¡Home claro: erótica en canto hai cuartos e non miseria! Paréceme que foi ise político algo «estúpido» que Alfonso Guerra o can que ladra e nunca morte. Isto vai pre ti, mozo futuríbel que me escoitas: non lle farás un dano irreparábel denominando a Otero Pedrayo, a don Ramón, Ramón Otero Petardo. Non lle farás un dano irreparábel á cultura galega. Dicía un pinto que Cunqueiro se lle asemellaba a Cortázar. Cortázar liquida en boa medida todo o indixenismo latinoamericano. (Seméllame máis próximo supoño a Claude Lévy-Strauss, á socioloxía). En Cunqueiro subxace claramente o mundo céltico pro non resolve as cuestións modernas, as preocupacións do home moderno. (Celestino Fernández de la Vega dixit ). Cervantes e Cunqueiro está mui ben definido. Así salvamos o humor que raia en traxedia no Quixote. Media a medio todo o teatro do «absurdo» do chamado teatro do honor español. No que se asemellan Cunqueiro e Cortázar é no europeísmo. Son dous autores de corte plenamente europeo. Dous autores pasando por París. Escribía Novoneyra: «Andan as anduriñas á chirla». E Leopoldo María Panero retrucaba: «Seré un monstruo pero no estoy loco». Iso vai prós internados de Calde: «Ánimo». Os psiquiatrizados. Logo pasará. Eu tamén me vou poñer en Asturies patria querida o pano vermello de mineiro e erguer o puño. Cando xa non hai minería. Don Alfonso Guerra. Baixar aos sotos, aos soterraños de Madrid en picado: a minería.