Raros

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

03 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

«LOS GALLEGOS son raros» dixo estoutro día Julio Llamazares, un tipo intelixente. Con iso veu dicirnos que andaba na onda da procura da galeguidade que embocará axiña en don Álvaro Cunqueiro, lóxicamente. Declarouse seguidor de Camilo José Cela, ou sexa da mediocridade. Se segue os pasos de Camilo botarase terra derriba e seguirá il a ser un mediocre, porque Llamazares non é unha pluma brillante, máis ben traballadora coma a formiga, e bebedor de cerveza. Unha prosa de fondo e sen demasiado artificio. Onte soñei que don Xesús Alonso Montero me asinaba un volume de Antonio Carvajal. Cousas da vida. Carvajal ten o arrecendo dos castiñeiros de indias vermellos, de flor vermella, raros iles porque soen levar flor branca antre oriental e americana. «Los gallegos son raros», qué definición tan bonita e precisa. En efecto, os galegos somos rarillos, andamos na procura da nosa identidade, na procura de nós mesmos. Tantas vecesa machucados pola historia actuamos coma antano os homosexuais que se escondían, ou sexa: os maricóns. Aló por Vigo hailles unha sombra fresca que pra beber unhas cervezas é estupenda, co arrecendo do mare e a visión fermosa do mar, mellor sen bateas, que como di Baixeras «grapan ou grampan o mar». Árbores orientais e sombra fresca pró verán. Pra tomar unhas cervezas.