NO OUTEIRO | O |
30 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A FALTA de saúde e seguridade no traballo amosa unha realidade tráxica. Segundo vimos de saber, o ano pasado faleceron na provincia 20 persoas en distintos e diferentes accidentes laborais. Cinco menos ca no 2003. Iso si, ás costas dun maior número de feridos graves. Cada día laborable hai case catrocentos feridos segundo os sindicatos. Estes datos son o esfaragullado dunha cifra que asusta, pois só en Galicia son máis de noventa mil os traballadores que son vítima dalgún accidente laboral. Abofé sen incluír nela todas cantas enfermidades pode orixinar o organismo dun traballador (posteriormente, incluso, á vida laboral) por ter desenvolvido segundo que determinado tipo de traballo. Precisamente, disto falábasenos na obra de teatro Santa Juana de los Mataderos que con atino e boa acollida vén de representarse no auditorio hai unha semana. A obra, de carácter marxista, foi escrita en 1930 por Bertolt Brecht para denunciar algo que tamén de lonxe e nestes días veñen denunciando os sindicatos. Que ben advirten da temporalidade e dunha mala a par que preocupante situación laboral, tanto no ámbito da saúde como no da seguridade.