Apreturas públicas

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

27 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

PARA HOXE ás seis e media ten convocada a CIG unha concentración (diante do instituto Ollos Grandes) en defensa do ensino público e contra a política da Xunta de subvencionar tantos concertos con centros privados. Quizás sexa Lugo a cidade galega menos afectada pola perda de alumnos de infantil e primaria nos centros públicos, pero coñecidas son as apreturas para escolarizar nenos en colexios que funcionan ben e poderían ter mellores medios. ¿Por que se prefire descansar a xestión noutros privados? Hai aspectos deles, de horario ou método, que non comparten moitos pais. Educación ten feito grandes obras en Lugo: o último gran edificio da cidade, o Conservatorio de Música e Danza, inaugurouno ese departamento, pero resulta inxusto que catedrais do ensino coma o Lucus Augusti por exemplo (1.200 alumnos e máis de cen mestres), teñan que facer tantos números para organizarse.