Entrevista | Fernando Blanco Álvarez Blanco estrenouse na Deputación esixindo o pago do canon e dez anos despois lamenta non ser capaz de facerlle entender ao PP a necesidade de democratizar a institución
26 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Fernando Blanco chegou á Deputación Provincial con 35 anos, gañas de traballar pola provincia e de defender, como voceiro, a representación do BNG. Antonte, dez anos despois, despediuse da corporación que aprobará a súa demisión no pleno do vindeiro mes, cando Blanco xa estea adicado por completo a exercer como cabeza de lista do Bloque pola provincia. -Quizáis das primeiras foi a do canon enerxético. Ao pouco de chegar foi a primeira batalla que tivemos co presidente da Deputación, ademais da denuncia que fixo o BNG polo cobro de dietas irregulares por parte dos deputados do PP. -Dez anos despois o do canon segue sen revolverse ... -Despois das denuncias sistemáticas e das sentenzas agora vai haber que acometer ese pago do canon. Nese sentido foi produtivo. -¿Por que Cacharro demora a presentación da proposta de execución do fallo? -A finais de ano dixo que en xaneiro ía facer esa proposta e a piques de abrir maio aínda non a fixo. É consciente de que foi unha derrota política e de que non tiña razón. -¿A proposta de execución será favorable para os concellos? -Xa non é favorable o seu talante porque estivo retrasando o pago desde hai vinte anos e retendo obras municipais. Non vai ser unha proposta que lle guste aos concellos nen ao BNG. -¿Cal foi o seu trago máis amargo? -Quizáis non ser capaz de facerlle entender ao PP que a Deputación tense que democratizar e de que as maiorías absolutas non outorgan maiorías absolutas nas razóns. -¿Avanzouse nalgo? -A oposición segue sen representación no Inludes, o regulamento orgánico de funcionamiento é anticuado e non se lle deron resposta aos problemas da provincia. -¿Como se sente un voceiro dun grupo da oposición en San Marcos? -O PP tivo ata agora maiorías absolutas que aplicaba sistematicamente. Nós intentamos traballar sempre a prol de resolver os problemas da provincia. Onte falaba da Revolución dos Caraveis como unha revolución tranquila. Nunca me gustou a ofensa gratuita nin o ataque personal sin argumentos, porque teño os suficientes para debatir e ter razón ante Cacharro. Podemos falar do canon. Tamén chegamos a prantexar alternativas aos orzamentos. Este comportamento tamén foi valorado polos funcionarios, que con todo, aplaudiron a miña despedida. Deume satisfación porque hai anos se manifestaran contra min. -¿Como valora a xestión de Cacharro? -Hai unha liña de continuidade na actitude do PP nos últimos anos que responde a quen o lidera. Seguimos sin falla de transparencia nas adxudicacións porque non quere que estemos presente. -¿Involúcrase moito a Deputación no Breogán? -Propuxemos cifrar unhas cantidades para os clubes de elite e outras para fomentar o deporte base. A xestión debe ser profesionalizada.