Rodríguez Tobal

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

16 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

JUAN Manuel Rodríguez Tobal é un poeta de Zamora por onde o río Douro discorre como pulso arterial poético e épico de homes de batalla como Antonio Machado en Soria, de Claudio Rodríguez, e en menor medida de Tobal. Tobal gañou co libriño Grillos o premio San Xoán da Cruz. Unha poesía de ton menor, chea de plasticidade, de afortunados encontros ou achádegos expresivos: Desde los dedos últimos del aire / el corazón de otoño... ou Colma otoño tu lengua de pájaros vencidos... Estamos diante dun poeta de Castela que segue os pasos comezados en don Antonio Machado, en Claudio Rodríguez, Jorge Guillén, Jesús Hilario Tundidor, Antonio Colinas (un dos máis recentes e últimos poetas dos grandes), Francisco Pino, o experimentalista, o das avangardas. Tobal ten unha poesía liviá, lixeira, unha poesía que fala sobre as perdas, sobre a morte, sobre as ausencias en versos de mui delicada traza. Quizais se note un algo certo desaxuste entre o que quer dicir e o fixado. Tamén o excelente José Ángel Valente que tanto teorizou, posúe nas texturas dos seus versos unha macia melancolía e un non conseguido efecto impresionador. Valente, gran teórico e gran coñecedor da poesía, ás veces non revela a grandeza. Leopoldo María Panero dicía que Valente non lle gustaba nada. Valente xa é pra todos un lugar común e como tal cómpre analisalo pormenorizadamente, non afirmar coma parvos a súa excelsitude.