Rainer María Rilke

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

28 mar 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ALGUÉN, concretamente o poeta Emilio Xosé Ínsua, dixo nunha ocasión a unhas persoas achegadas a min que eu era un crítico feroz de literatura. E verán decontado as razóns desa afirmación. A nosa literatura, a galega, precisa de referentes críticos doutos, que tendan a un xuízo estable e razonador das obras, moitas, que se están a producir en galego. Arestora ando a ler a obra incriblemente boa, excelente de Rainer María Rilke, e vexo que é premioso, necesario ir poñendo acotacións á obra literaria en Galicia. Rilke escribiu centos de cartas de alto contido cultural, fraguouse extraordinariamente na crítica pictórica, musical e literaria. Fíxose cun destacado nome entre os círculos do seu tempo. É certo que un non ten aínda unha vagaxe excepcional para exercermos de críticos moi avezados, pero non gustamos das obras de encargo, das présas, da obra feita a voapluma e sen sentido acusado da ética, da fantasía e das estéticas de noso. Un lembra cando baixaba polo que hoxe é a rúa Castelao con Lino Cobas, o fillo do panadeiro, estusiasmados pola obra La busca , de Pío Baroja. Liamos a Leopoldo Panero e visitamos a iste Lino Cobas na súa casa de fronte á porta de Santiago a facer de executores literarios. El era un amante dos cumios nevados da montaña, facía alpinismo e un xa tiña o verme da literatura a rilarlle nas entrañas. Rilke e Nietzsche son os autores máis antricristianos de comezos do século XX. Neles aprendemos de todo. redac.lugo@lavoz.es