TRIBUNA | O |
19 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O HOME vén ser un ser de sentimentos, cheo de estados de ánimo, é a afirmación dos psicólogos e que coincide co dicir dos teólogos. Somos seres emocionais cheos de astados de ánimo. Ánimo é palabra moi semellante a ánima, ou sexa, alma. Estados da alma. Alguén dicía que ler a Juan Benet era un estado de ánimo. E toda a súa literatura non se comprende senón é por esa causa, sensación ou premisa, vaia vostede a saber. Como todo gran literato, como todo grande prosador ou lírico detrás dunha lectura atenta de Benet albiscamos a Edgardo Peo, a Thomas Mann, a Joseph Conrad e disque a Joyce, Faulkner, quzabes kafka... Benet, por se non o saben, ten unha grande altura literaria. O primeiro que eu descubrín coa súa lectura era que estaba diante dunha obra inzada, acugulada de figuras literarias: elipses, recorrencias, metáforas, circunloquios... Máis do que o asunto eu estaba a enterarme das tripas da súa obra creativa. E é que este autor nunca fixo concesións á galería como Camilo José Cela. Trátase dun escritor alguimicamente puro.