Unha triste lóxica

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

04 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A PESAR do meu optimismo, os feitos pudren a esperanza. Anselmo Sampedro morre novo e de repente, cando aínda non nos repuxemos da perda de Marcos Cela. Son mortes traizoeiras, como a do bebé falecido no accidente de tráfico do todo terreo, como a morte da estudante de Humanidades atropelada na beirarrúa, como o neno de Muxa despenado ou a do alumno do colexio Paradai que perdeu a vida no accidente de Baralla, o día de Reis. Por riba, na Mariña a indignación medra ante os despropósitos no rescate dos náufragos do Siempre Casina . Hai 12 días que pasou a traxedia e o ¿equipo de rescate? non reflotou o barco (un barco pequerrecho, non un arrastreiro de Gran Sol) e tiveron que ser mariñeiros voluntarios os que entraran no pecio para mirar do home desaparecido. Moita xente estivo para a foto, pero non para o que hai que estar. Éche o que hai, non temos a ninguén.