Prohibido beber auga mineral

| MARIA CUADRADO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

26 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

NIN ALCOL nin auga mineral. Nunca unha medida antibotellón sonou tan ridícula nos últimos tempos. A proposta que defenderá ante o Ministerio de Sanidad o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Francisco Vázquez, para combatir o botellón e os efectos perxudicias do alcol nos mozos amosa moi boa vontade por parte do seu promotor, pero tamén un gran descoñecemento de como funciona a mocidade de hoxe en día. A experiencia en política é un grado para desenvolver numerosos proxectos e acadar grandes logros profesionais. Sen embargo, cando se abordan determinados temas é máis eficaz un paseo nocturno por algunhas zonas de copas que perder tempo en redactar informes e informes entre catro paredes. Vivimos nunha sociedade que hiperprotexe demasiado aos mozos, ao tempo que os priva do fundamental: de diálogo, confianza e responsabilidade.