NO OUTEIRO | O |
24 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NUNCA É tarde para nada, afirmou Rosa Regás na conferencia que dentro do ciclo Xornalismo do Século XXI deu no Círculo das Artes o pasado luns. «Y menos para las vocaciones ocultas», engadiu. Todo un chamamento para que nunca se deixe de comezar cousas, téñase a idade que se teña. «La vida no acaba cuando nos dicen en los anuncios», apostilou. Certo, a miúdo semella haber unha idade para todo e de aí a estarmos abocados á inutilidade e desprezo da sociedade só hai un treitiño. A directora da Biblioteca Nacional aproveitou tamén a súa estadía acó para esparexer polo ar dun frío a par que fermoso salón que as mulleres tiñan que poder elixir. Declarándose defensora do traballo, aludiu a dúas liberdades básicas: a económica e a sexual. «Este cuerpo es nuestro; decidimos con quien lo compartimos y si queremos o no tener hijos», aseverou ao tempo que congratulábase de que a Constitución Europea estableza a igualdade entre mulleres e homes (Título III, artigo II-83). Xurdiu á risa cando a autora de Azul e La canción de Dorotea contou anécdotas como a da parella que nunca facía a cama, pois el negábase e ela prefería así a ter que facela sempre.