NO OUTEIRO | O |
22 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ADOLFO Súarez deixou dito que o protagonista máis importante do proceso de desenrolo político non foi outro có pobo español, ao que lle atribuía grande «madurez, serenidad y sensatez». E iso que acabábamos de rachar cunha ditadura corentona. Había ganas e necesidade de abrir un proceso democrático, asentado así un espazo de dereitos e liberdades inexistentes ata entón. Non sería doado. De feito, o 23 de febreiro de 1981 producíase o máis gráfico dos varios intentos de golpe de Estado. Pero a democracia impúxose, esnaquizando esoutra forma de legalidade, unha subversiva que emprega a forza. Poida que isto signifique pouco para a xente máis nova, sen embargo nin eles deberan obvialo nin o resto esquecer aqueles momentos nos que algúns secuestraron o barquín democrático, o Parlamento, coa intención de apagar o lume das liberdades. A pregunta é obrigada: ¿Onde estaba e que facía vostede aquel 23 de febreiro? Atinadamente o ex presidente Súarez depositou no pobo os méritos que fixeron posible o marco actual. Debémosllo, por riba de todo, aos que nunca perderon a esperanza e aos que souberon renunciar no período da Transición.