A historia de Rozas

| XOSÉ CARREIRA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

24 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

ROZAS está de actualidade. Xa saben que existe a posibilidade de que acolla unha chatarrería de avións. O aeródromo ten tras de si unha historia de querer e non poder por mor da desidia institucional. Durante algúns meses de varios anos dos corenta tomaron terra, e nunca mellor dito, os voos regulares que facía Aviaco cos lexendarios DC-3 entre Madrid e Galicia. Repasando as crónicas da época é posible comprobar como naqueles tempos nos que o aeródromo era de titularidade do exército as institucións non foron capaces de levantar un pequeno local para que os viaxeiros puideran agardar pola aeronave. Facíano sentados riba das maletas e case que encima dos toxos. Tampouco houbo quen arreglara a estrada que, pola Fervedoira, tiña tantos buracos que nalgún momento o dono dos autobuses que levaban aos viaxeiros do centro a Rozas decidise suspender o servizo.