«Creo que temos un proxecto moi bo para a xuventude»

LUGO

Entrevista | Manuela Rodríguez Presentouse onte unha asociación pouco usual en Lugo. Trátase dunha idea que pretende divulgar actividades relacionadas coa animación

21 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?ace na cidade unha nova asociación de tipo recreativo, cultural e formativo. Denomínase Ilusión Arte Lucus e a súa presidenta é Manuela Rodríguez, persoa moi activa no programa festivo de Arde Lucus. Onte presentouse a xunta directiva, que ten como socio de honra o xornalista José Areñas, nun acto celebrado no centro Uxío Novoneyra. -¿Por que nace esta asociación? -Cremos que había unhas necesidades na cidade. Hai que dar oportunidades aos mozos para que teñan actividades de tempo libre e de ocio, e ademais a posibilidade de formalos nunha posible profesión. Ademais, hai unha serie de actos de animación na cidade que necesitan de voluntarios preparados. Unha das miñas ilusións sería crear, dentro da asociación, un colectivo celta para lucir mellor o Arde Lucus. En definitiva, creo que temos un proxecto moi bo para a xuventude. -¿Que actividades están a preparar? -Pois queremos organizar rutas e excursións, obradoiros e seminarios, congresos e exposicións, así como concertos e espectáculos. Os socios, que pagan unha cota de 15 euros anuais, poderán asistir gratuitamente a todos os actos e terán descontos nos cursos. -¿Como se poden poñer en contacto coa asociación e coñecer máis información? -Temos unha páxina web www.ilusion-arte.com e un correo electrónico, info@ilusion-arte.com. -¿Que é o primeiro que van a organizar? -Comezaremos cunha escola de novo circo e unha de azafatas, modelos e imaxe. As clases iniciaranse en marzo e rematarán no mes de xuño.