DESDE EL ADARVE
17 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.AQUÍ ao lado, o meu compañeiro Leandro deixa ben claro a idea que moitos, lucenses, lamentamos desde hai anos. Co paso do tempo empezamos a prantexarnos a opción de futuro: pasividade e deixar facer ou reintentar un futuro digno para unha provincia rica en recursos e, cada vez, máis pobre en habitantes. O eixo atlántico foi durante anos a gran excusa, pero despois de coñecer os resultados da tese doutoral elaborada por Patricio Sánchez Fernández, creo que é hora de recoñecer que existe unha provincia de dúas velocidades. Concellos lucenses lideran o listado dos máis pobres, pero tamén encabezan -no posto segundo e terceiro-o dos máis ricos de Galicia. Xa que é tarde para reinventar moitas comarcas interiores, non debemos deixar pasar o tren do futuro para unha parte da provincia que medra. É hora de que as administracións recoñezan as dúas velocidades que marca a provincia.