«Xistral»

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

12 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

VÉN DE saír un novo número da revista lucense de creación poética Xistral . Axiña estará na rúa. Acontece que en Galicia o número de revistas está a decaer nos últimos tempos considerablemente. Existe, iso si, unha notoria inflación de libros galegos -ben que uns sexan de recuperación da memoria histórica, sempre loubable- pero cuase ningunha revista de creación. No letargo Dornas , Clave Orión , desaparecida Nordés , as páxinas estrictamente de creación de Grial , etcétera. Todo leva a pensar, a encismar que o panorama literario canto a produción en revistas literarias está a mermar, cuase desaparecer. Un cento de colaboradores se dan a coñecer nestas páxinas lucenses de creación, de estrita e rexa creatividade lírica. Lonxe os tempos das ben amadas Alba , Posío , Aturuxo ... Coido que os rexedores do PSOE no Concello non esquezan istas páxinas creativas e a poder ser que extraian dos presupostos unha colaboración pagada, unha mínima remuneración xa que o poeta de algo ten que vivir e non de nada. Elevamos esta súplica ao Concello do señor Orozco. Iste número vai dedicado a Manuel María e toda ila está impregnada dun arrecendo artesanal de corporeidade lucensista. Xistral é histórica en Galicia. Non a botemos ao esquezo.