NO OUTEIRO | O |
09 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.DO CINE do que se pode ver acó. Certo, ás veces dá ganas de empatar a hora dos viños coa hora da cea e das copas sen pasar pola butaca. Ao tema. Se non me gustou a primeira -xa sei que a moitas si-, esta segunda de Bridget Jones pareceume..., torpe. A primeira polo menos tiña algo de orixinal. Pero iso foi xa hai dúas semanas. Na pasada vin Los increíbles . Unha película de animación ben realizada e que pode entreter a toda a familia. Esqueceremos algunhas mensaxes subliminares que se comprenden só vindo de onde veñen. Observen o que di Violeta, a superheroe que crea campos de forza e faise invisible: «Los malos quieren que nuestros padres se divorcien». Noutro contexto podería ter sentido, pero neste filme foi metido con calzador de ferro. Nin o tema era ese nin nada do que estaba a ocorrer na pantalla sinalaba cara aí. De tódolos xeitos, os que fan ese tipo de arranxos para acadar certos obxectivos sobrevaloran o seu traballo. Porque deume por preguntarlles polo asunto aos que me acompañaban e ninguén se decatara. ¡Debo ser eu o único bicho raro! Eles estaban aínda nas escenas onde Los increíbles facían cousas realmente incribles.