O Lugo dos récords

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

26 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

TRATO de non facer un serial das miserias porque, entre outras razóns, non é san. A conciencia crítica cos políticos non debe levarnos ao derrotismo, eles son parte importante da realidade luguesa, pero só unha parte. Antes do adeus ao Lugo dos fondos europeos e da cohorte dos cursiños e obriñas daquela maneira , emborronamos outra vez a estatística. Se Lugo xa era a única provincia que non tiña conexión ferroviaria entre a capital e a súa costa, agora é tamén a única sen autoridade marítima de seu, pois xa lla deron a Granada. Ten mala pinta, Alcoa non parece disposta a compartir o porto de San Cibrao e o baixo do Boi non hai marea que o leve da ría de Ribadeo. ¿E logo que esperabas? me din con excepticismo sobre a capacidade política local para saír do pozo. Pois así nos vai, entre líos xudiciais de dietas, prevaricacións, prebendas... A pesar de todo, confiemos en nosoutros mesmos.