DESDE O ADARVE
05 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.PARECE que Zapatero se volveu meter en camisas de once varas por presentar ante o Consejo Europeo catro versións da Constitución Europea, en galego, catalán, vasco e valenciano. Maragall di que o vai denunciar, porque esta actitude engade confusión e un risco inútil ao recoñecemento oficial do catalán por parte da Unión Europea e cuestiona a inequívoca unidade da lingua. Aínda que é pouco probable que esa denuncia se chegue a producir, unha vez máis o uso dunha lingua volve estar na orixe dun conflito entre políticos. Ao mellor o problema dalgúns deses políticos está en sentirse propietarios dunha lingua que unicamente é dos seus falantes, tanto se se trata do catalán, coma do valenciano, do galego ou do vasco. Xa o dicía Celso Emilio Ferreiro: «Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dame a gana».