TRIBUNA | O |
27 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O BAIXO dos Radio Futura, Quique Sierra, resulta talmente o Axolotl de Cortázar. Tribos urbanas. Bal y Gay. Estética de avangarda dos anos 20. En Madrid hai unha certa desolación nas tribos urbanas porque semella que non ligan. Thomas Merton, amigo de Ernesto Cardenal, con il fundador dunha comunidade trapense como alí lles din aos contemplativos e que eu non cría morto, senón na Indua enlazando budismo e cristianismo. Son aguias voadoras istes tipos. Nunca os graciosos gorrións pardais do poeta zamorano Claudio Rodríguez que se duchan con terra. Hai que ver se en Cortázar non está subxacente, subxumido proceso criativo a socioloxía de Claude Levey-Strauss. E no conto A estrada do sur , se non se intecomunica coa nouvelle vague francesa. Visconti é moi estético pero recréase en mundos decadentes: Lampedusa, Luís II de Baviera, o Rei louco creador de casteolo a manchas en Xermania. O do complexo edípico. Luís Pimentel: os nenos, as traumas tamén de todo tipo. O cocteau comediógrafo, pintor, decorador tanto coma escritor. Luís Pimentel. O zarismo. Os tempos da Segunda República con Miguel Maura e Alcalá Zamora á cabeza...