Unha biblioteca para Fole

LUGO

Crónica | Novedades editoriales cercanas A editorial Galaxia reedita «Contos da néboa» e «Historias que ninguén cre», os primeros dous volumes dunha colección dedicada au autor lucense

24 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?al e como fixera con outros destacados autores da literatura galega, como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Álvaro Cunqueiro, a editorial Galaxia vén de iniciar a Biblioteca Ánxel Fole, na que se publicarán todos os fondos que a editorial ten do escritor lucese. Os primeros dous volumes, que xa se poden conseguir nas librerías ao prezo de 11,50 euros cada un, son dúas reedicións: Historias que ninguén cre e Contos da néboa . O obxectivo de Galaxia é ir editando novos libros de Fole na medida en que se vaian esgotando os xa publicados na antiga colección literaria. Historias que ninguén cre recolle aquelas narracións que hoxe se definirían como paranormais. Fole basesouse na cultura popular, na tradición oral dos contos moi preto da parapsicoloxía. Pero esta obra de Fole é algo máis que unha serie de relatos, vinte, para convertirse nun libro cheo de humor e onde amosa unha gran riqueza lingüística. Misterio Pola súa parte, Contos da néboa traslada o seu mundo ao ámbito urbano. É un dos libros que racha o mito dun Fole rural. Humor e misterio conflúen na tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O escritor lucense acrecenta a orixinalidade ao trasladar ás cidades os temas e a maneira de narrar que habitualmente se viñan indentificando coa cultura campesiña. Son dezaoito contos nos que a cidade de Lugo e algunhas das vilas da provincia cobra protagonismo fronte ao mundo do campo ao que Fole consagrara anteriores libros. Trátase dunha nova, complementaria e enriquecedora visión do ámbito urbano que lle era familiar ao autor. As ilustracións de portada dos dous volumes editados corresponden a Carlos Maside, en concreto as obras Mulleres en roda e Nena con galo .