DESDE EL ADARVE
09 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NON QUERO entrar a valorar se é necesario facer unha presa no Narla ou é mellor para Lugo unha nova potabilizadora. Se tivera que opinar, ambas opcións me parecen lóxicas, porque ambas funcionan en diversos concellos galegos. O que si me chama a atención é como neste país, en función dos intereses políticos de turno, se cambian ou adaptan as conclusións de informes según quere o ministro, conselleiro ou alcalde de turno. O Ministerio de Medio Ambiente tumba o proxecto do Narla porque tiña doce declaracións negativas. Paréceme ben. Pero de seguir o Goberno do PP en Madrid, ¿cantas declaracións negativas habería? Pasou algo parecido co Plan Hidrolóxico Nacional, onde había moitos informes negativos para facer o trasvase do Ebro, pero os gobernantes tiñan moi claro o que querían facer. Entonces, pregúntome, ¿para que sirven tantos procesos burocráticos?.