DESDE EL ADARVE
28 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ANTES de falar deste servizo que ofrece a Deputación debo dicir que só coñezo dúas das varias rotas que se poden facer pola provincia. Pero a conclusión pode servir. As viaxes que realizan son imprescindibles. O catamarán que sae de Doade e vai ata Chancis amosa unha das paisaxes máis espectaculares que se poden ver hoxe en Europa. Ademais, ver in situ os canóns do Sil é unha lección de historia, etnografía e supervivencia humana ao longo de séculos. Pode parecer que os prezos son elevados. Pero pagar nove euros, cinco para xubilados, non é nada comparable coas tres horas de viaxe que ofrece a Deputación, onde un pode divertirse e admirar a paisaxe. A amabilidade do persoal que leva o catamarán é destacable, cunha visita guiada excelente. A outra rota é máis pequena de tempo. É en Lugo a través do Miño. Merece a pena para coñecer mellor o lugar onde vivimos. De visita obrigada.