O poeta chairego reflexiona sobre paso do tempo

Suso Varela lugo

LUGO

O libro O seu último poemario, «Territorio da desaparición», editado por Galaxia, é un tratado sobre o silencio, a morte e a propia creación poética

21 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

e. Na presentación que fixo o autor en Santiago destacou que os versos están «impregnados de xornalismo, unha crónica emotiva e sensorial da realidade do país e cun latexo universal». Territorio da desaparició n é un libro comprometido co país: «País perdido na poeira», di nun verso, ou «Idioma moribundo no vento ». Dese xeito, o que comeza sendo un poemario íntimo e reflexivo, onde se fala do fogar, dos recordos ou «Entre a terra e o ceo / só o fío invisíbel da soedade», pasa co paso dos poemas a ser unha reflexión aguda sobre a situación na que está Galicia, a súa cultura e o seu idioma. O propio autor xa definiu na presentación como entende a poesía: «Defendo a poesía como estilo, como unha comunicación artística sometida a respiración humana e a resonancia sentimental».