DESDE EL ADARVE
14 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.OS SINAIS reflectantes que xa locen nalgunhas estradas lucenses para advertir do perigo do tramo son a única novidade que hoxe podemos ensinar aos visitantes que comparten con nós as terrazas. Despois de anos de promesas e programas electorais, non lles podemos informar do trazado exacto das autovías que unirán Lugo con Santiago e Ourense, nen concretar cantas fincas foron expropiadas para construír a Transcantábrica. Nen sequera explicarlles en qué consisten as melloras ferroviarias. Moitos deles, coma cada un de nós, chegan da capital por autovía, pero cando queren coñecer algo máis do reducto, deben viaxar por estradas terceiromundistas polas que é frecuente viaxar durante quilómetros detrais do camión da orquestra. O desequilibrio territorial déixase notar cada vez máis na provincia, con comarcas que pouco teñen que ver entre sí e que, co tempo, só serán irmás de notaría.