DESDE EL ADARVE
07 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.PRESENTOUSE o novo auditorio, un lugar que deberá ser referente para a cidade nas vindeiras décadas. Non entro a valorar o aspecto estético. As imaxes falan, aínda que tamén penso que hai que velo levantado. Pero si interésame falar do contido que se lle quere dar ao auditorio. O Concello debería ir pensando na posibilidade de liderar unha especie de consorcio, como funciona en Santiago, no que deberían estar incluidas tódalas Administracións da provincia e as entidades bancarias. Ter un enorme edificio para só ter un par de espectáculos á semana non merece a pena. Unha idea como Lugo Cultural, pero ampliado e máis ambicioso, podería servir de arranque. Habería que deixar de lado as competencias. O novo auditorio e a cidade merece unha programación mensual na que teñan cabida ciclos de cine, teatro, música, congresos, danza, exposicións...