DESDE EL ADARVE
05 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.É DIFÍCIL atopar un lugar en España, como Galicia, onde haxa tanta cantidade de festas, feiras, acontecementos folclóricos, actuacións musicais, verbenas, demostracións de todo tipo ou citas gastronómicas. Neste mes de agosto, a sensación festiva aumenta de xeito importante, e máis aínda con motivo do Ano Santo e da promoción que fai a sociedade que xestiona o Xacobeo 2004. Non cabe dúbida que o turismo é hoxe a primeira industria, o motor que pode mover o resto de actividades e capaz de xenerar emprego, malia que moito non é indefinido. Pero tampouco se nos pode escapar que ás veces debemos, como se fai en calquera economía familiar, saber priorizar os gastos. As deficiencias en infraestructuras, en sanidade ou servicios sociais son evidentes, e nalgúns casos alarmantes. Non é demagoxia, pero creo que primeiro hai que amañar o da casa e logo que viva a carallada.